O pasado día 24 de novembro do 2018, tivo lugar en Ourense o XVIII Certame de Rondallas e Corais «SANTIAGO APÓSTOLO», organizado por Rondalla Alecrín en homenaxe a Manuel de Deus, no Salón Nobre – Liceo Recreo Ourensán, ao que fomos convidados xunto con outras corais de Ourense e Pontevedra.
Unha canción era obrigatoria, co título » NON», é unha creación do homenaxeado Manuel de Deus. Tamén tivemos que interpretar dous temas libres. No noso caso, a Vergine degli Angelistrong, de G. Verdi e O meu amor mariñeiro, de Xosé L. Rivas.
Ademais de desbordarse o aforo do Salón Nobre, o acto seguíano tamén un xurado de profesionais escollidos ao obxecto de cualificar cada unha das actuacións.
Así mesmo ao público entregóuselles unha cartolina de cualificación para que nela anotasen, á súa entender e gusto, a orde de preferencia das rondallas e corais participantes.
Con honestidade pero tamén con orgullo, habemos de manifestar a nosa satisfacción e alegría ao obter o primeiro premio outorgado polo xurado e tamén o votado polo público.