A Coral

A nosa historia

Desde a súa fundación en Cee en 2008, estes son os momentos que marcaron o camiño da Coral Polifónica Costa da Morte.

2008

10 de xaneiro de 2008

Nacemento da Coral Polifónica Costa da Morte

Fundada polo mestre Don Isidro Caamaño, coa misión de difundir e cultivar todo tipo de música coral.

2008

11 de xaneiro de 2008

Presentación en sociedade

Con motivo da entrega dos premios «Faros Neria».

2009

1 de abril de 2009

Segundo posto en "Cantares Galegos"

Concurso organizado pola TVG, no que participamos con outras 23 corais de Galicia.

2013

1 de xaneiro de 2013

Gravamos " Amencer na Costa da Morte", o noso primeiro disco

2015

1 de xaneiro de 2015

Terminamos "Mar de estrelas", o noso segundo CD.

2017

12 de outubro de 2017

A nosa coral actúa no Vaticano, na Basílica de San Pedro

A Coral na Basílica de San Pedro do Vaticano

2018

10 de novembro de 2018

Primeiro premio no concurso de Canto Galego

O 24 de novembro do 2018, tivo lugar en Ourense o XVIII Certame de Rondallas e Corais «SANTIAGO APÓSTOLO»,Celebrado no Líceo de Ourense, onde obtivemos a máxima distinción por parte do xurado e público.

A Coral Polifónica Costa da Morte posando no escenario

Queres formar parte da nosa historia?

Sempre damos a benvida a novas voces. Escríbenos e contámosche como unirte á Coral.