O 10 de novembro de 2018, por invitación da Coral Vera-Cruz, que celebraba o «Concerto de OUTONO», demos un concerto na Casa de Sustentabilidade – Freguesia dá Glória, de Aveiro (Portugal).

O mesmo foi compartido pola citada Coral Beira-Cruz, resultando un éxito rotundo. O numeroso público quedou sorprendido polo noso facer, e é que, mesmo convidamos os presentes a compartir a nosa última interpretación «Fisterra» que, por certo, fixeron extraordinariamente ben, sobre todo o retrouso ..» eu tamén choooorooo..».

Ao finalizar o concerto, fomos agasallados cun rico buffet, nada menos que na Institución e casa do corpo de Bombeiros de Aveiro.

Tamén, aproveitamos a nosa viaxe para coñecer a veciña cidade de Aveiro, da que quedamos sorprendidos coa súa Catedral do século XV, de estilo Barroco, o seu club náutico situado en Costa Nova Beach, coas súas casas de distintos e vivas cores, a urbanización e paseos que bordean a Ría de Aveiro de case 45 km de lonxitude, etc.

En fin, unha experiencia moi bonita e enriquecedora, que esperamos e desexamos repetir o próximo ano.

Deja una respuesta

Tu dirección de correo electrónico no será publicada.