O día 16 de decembro pasado e por invitación do Concello de CEE, acudimos ao Auditorio Casa dá Cultura, no que, ás oito da tarde demos un concerto de panxoliñas e canto popular.

Este evento foi presentado polo técnico de Cultura do concello, Victor Castiñeira, quen como sempre, ilustrou todos os nosos cantares á vez que agradeceu aos nosos patrocinadores Hotel La Marina e a Estación de Servicio Bazarra.

O público asistente, como sempre esgotou a totalidade do aforo e gozou da nosa arte e facer 😊 .