Fundada en Cee no ano 2008 por Don Isidro Caamaño Trillo, coa intención de difundir e cultivar a música coral en toda a Costa da Morte, presentámonos en sociedade en novembro dese mesmo ano.
Desde entón, desenvolvemos unha constante actividade centrada sobre todo en Galicia, pero sen esquecer ao resto de España e a Portugal, cun repertorio moi diverso de autores rexionais, nacionais e tamén estranxeiros.
Gustaríache contar no teu evento cunha excepcional coral de máis de 30 voces, un pianista e unha soprano? Queres formar parte da nosa agrupación coral?